Inicio        Biografía        Galería       Novas       Venda       Enlaces        Blog        YouTube        Flickr        Facebook       Contacto e dereitos de autor


 

Mirada e Luz 2009

29 de xullo de 2009 - A fotografía “Camiños de ferro. Camiños de futuro” foi elexida finalista do III Concurso Fotográfico Fundación Caixa Galicia  MIRADA E LUZ 2009 e formará parte do calendario 2010 desta entidade bancaria.

As fotografías presentadas ao certame reflexaban dun modo subxectivo o traballo que Caixa Galicia desenvolve nos eidos social, deportivo e cultural de Galicia.

 

Melide Mail Art 2009

19 de xullo de 2009 - A acuarela “O ferreiriño” en formato postal,  forma parte da exposición Melide Mail Art 2009, que se inauguróu o pasado 17 de xullo na Sala Sanoguera de dita localidade, có obxectivo de promocionar a Galicia interior e a comarca de Melide. Son preto de 200 postais enviadas dende varios lugares de Europa e América e de diversa temática. Estará aberta ata o 10 de agosto.

 

Exposición Colectiva -"XVIII Mostra Pequeno Formato" na Asociación de Artistas da Coruña do 19 de decembro de 2008 ao 10 de xaneiro de 2009.

19 de decembro de 2008 - Participación coa obra " Muiño de Verdes" na Exposición Colectiva - " XVIII Mostra Pequeno Formato " da Asociación de Artistas da Coruña, R/ Riego de Agua, 30-32, do 19 de decembro de 2008 ao 10 de xaneiro de 2009. Horario de apertura ao público:  19:00 h. a 21:00 h. de luns a sábado e de 12:00 h. a 14:00 h. domingos e festivos.

 

XI Bienal Balconadas de Betanzos.

1 de setembro de 2008 - O mural "Versos de Outono" resultóu seleccionado na recoñecida XI Bienal Balconadas de Betanzos, como unha das máis de cen obras que durante todo o mes de setembro pendurarán dos balcóns da parte vella da fermosa localidade galega.

"Versos de Outono", acrílico sobre tea de 220x140 cms., pode verse na fachada do primeiro edificio da rúa Castro, co número de catálogo 31.

 

Novo blog "Desde mi estudio".

1 de agosto de 2008 - Dende o 1 de agosto, o blog Desde mi estudio trocou de deseño e aloxamento.

Unha imaxe máis luminosa e moderna serve de fondo para unha completa información artística e cultural continuamente actualizada e que tamén inclúe todos os post, comentarios e enlaces do antigo blog.

 

Publicación de obra nas galerías virtuais Arte de Galicia e Galería de Arte María Castro.

31 de xullo de 2008 - Dende o pasado verán pódese ver nas galerías virtuais Arte de Galicia e Galería de Arte María Castro unha pequena selección da obra pictórica de Estefanía Domínguez.

Arte de Galicia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro có obxectivo de difundir, promocionar as belas artes galegas, aprender, compartir, discutir e opinar sobre arte. Ademáis das galerías virtuais de diferentes autores, onde se pode votar cada obra ou deixar comentarios, tamén hai directorios artísticos, foros, información e ofertas de emprego relacionadas coa arte e o deseño.

Na Galería de Arte María Castro, ademáis das galerías de diferentes pintores nacionais e internacionais, móstrase obra dos alumnos da academia do mesmo nome, con sede na localidade valenciana de Ontinyent. Unha bóa oportunidade para coñecer o traballo de outros artistas, de estilos e temática diversos.

 

Exposición de fotografía "Sombra e Luz" no Centro Cívico Cultural de Arteixo (A Coruña) do 9 ao 23 de maio de 2008.

 

 

 

Éxito de público e crítica na exposición da Asociación de Artistas de decembro.

15 de xaneiro de 2008 - A exposición da céntrica sala coruñesa foi visitada por centos de persoas durante os once días que estivo aberta. Entre as obras presentadas destacaron óleos, acuarelas e ilustracións dun claro estilo realista e hiperrealista, que acadaron un éxito de crítica entre numerosas personalidades do mundo artístico galego e o público en xeral.

Trala mostra individual, a autora participóu cunha obra na tradicional colectiva de Socios de Pequeno Formato, coa acuarela "A Ponte de Caaveiro".

 

 

Exposición  na Asociación de Artistas da Coruña do 3 ao 13 de decembro de 2007.

31 de outubro de 2007 - Mostra de obra en diversas técnicas na sala da Asociación de Artistas da Coruña, R/ Riego de Agua, 30-32. Horario de apertura ao público:  19,00 a 21,00 de luns a sábado e de 12,00 a 14,00 domingos e festivos.

 

 

Publicación do blog  "Desde mi estudio".

14 de maio de 2007 - O 19 de marzo inauguróuse "Desde mi estudio", un blog onde poderás deixar os teus comentarios sobre os post publicados ou esta web.

"En la quietud de la estancia se adivina el olor a linaza y trementina."

 

 

Exposición "Pedrafitas" no Centro Cívico Cultural de Arteixo (A Coruña) do 1 ao 16 de decembro de 2006.

18 de setembro de 2006 - Estefanía Domínguez exporá obra recente no Centro Cívico Cultural de Arteixo (Paseo Fluvial, sn. 15142 Arteixo, A Coruña) do 1 ao 16 de decembro de 2006. A sala estará aberta de 10:30 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:00 h., agás domingos e festivos.

 

 

 


© 2006-09 Estefanía Domínguez. Tódolos dereitos reservados.

Prohibida a reproducción total ou parcial da obra e o contido desde sitio web sen o previo consentimento por escrito da autora.