inicio        biografía        galería        exposicións        medios        novas        blog     

Estefanía Domínguez nace na Coruña en 1971.

Con once anos preséntase ó seu primeiro concurso, o XVI Certame de Debuxos Infantís sobre Circulación Vial ( organizado pola Dirección Xeral de Tráfico e o Ministerio do Interior ) e recibe o 1° Premio da provincia. En anos posteriores compaxina os seus estudios escolares con clases de debuxo e óleo na Asociación Xuvenil Xacarandaina, onde en 1990 gaña o 1° Premio do Concurso de Felicitacións de Nadal.

En 1989 comeza os estudios de Deseño Gráfico na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos "Pablo Picasso" e licénciase en 1994 co proxecto de maquetación e ilustración dun libro de lendas galegas, polo que consegue a máxima calificación.

En 1992 gaña o 3° Premio de Debuxo do VI Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 92 e en 1996 o 1° Premio do mesmo concurso na décima edición, ámbolos dous organizados polas Consellerías de Cultura e Comunicación Social, Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.

De 1991 ata 2005 compaxina a ensinanza na Asociación Xuvenil Xacarandaina e as exposicións coa realización de retratos e colaboracións coa Fundación Santiago Rey Fernández Latorre e a Deputación da Coruña.

Dende 2005 traballa para a firma holandesa de Belas Artes Royal Talens.

Membro da Asociación de Artistas da Coruña.

 


créditos / dereitos de autor / contacto / enlaces

© 2006/07/08 Estefanía Domínguez. Tódolos dereitos reservados.

Prohibida a reproducción total ou parcial da obra sen o previo consentimento por escrito da autora.